As flores do noso xardín

Murcharon as últimas margaridas que dixeron si,
Pero non.

E agora?
Deixar de contar follas secas
Agora…
Só falta perdoarme

De todas as flores que sementamos algunhas non nacen, morren sen saír da terra, sen luz

Outras saen con forza, coloridas e murchan de seguida
Outras apodrecen…

E outras mantéñese vivas
Co arrecendo do xardín que inventamos
Imaxinamos esas flores con moitas vidas…
Soñámolas!

Outras hai que deixalas morrere
E estas regámolas por sempre coa chuvia exacta, a necesaria.
Coa ilusión de que (nos) sobrevivan, polo menos nos soños onde nos atopamos difusas
Nas noites de desvelo

Non chovía. Esmorecía a tarde e as últimas flores da tempada deixaban marchar o derradeiro alento sobor da terra. Conservaban, pola contra, o xérmolo do ser por debaixo das capas de arxila e area, máis abaixo da corteza terrestre, chegando mesmo ao núcleo magmático da vida.

Elena Fariñas

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario