Que ves?

Cando te miran pero non te ven 
Cando non te ven e non te len 
Cando non te saben ver nin sentir 
Cando non te miras ben
Cando non te recoñeces cando te miras
Mírate, mírate ben 
Cando non te ves, non te ves 

Non te soubo ver
Non te quixo ler 
Non te quixo querer
Non te queres ver
Non te sabes ver
Non te sabes querer
Non merece a pena que me prestes atención
Mírate, mírate ben

Cando rompes o espello e o reflexo roto queda 
Cando te ves rota no espello 
Cando estás esnaquizada por dentro 
Cando rompes a imaxe de fóra 
e queda a túa 
Mírate, mírate ben
Que ves?
Cando ves a sombra e non é nin a sombra do que fuches, do que queres ser, do que podes ser, do que eres Mírate, mírate ben son só sombras Non es ti Non son eu Mírate, mírate ben Que ves? Anacos desde fóra só Mírame, mírame ben Que ves? Amiga Mírate, mírate ben Só son feridas Non es ti Non son eu Son os reflexos os que non nos deixan ver Séntate fronte o espello Séntete Mírate, mírate ben Quéreme, quérote Quéreme ben, quérome ben Sénteme, sénteste dentro? Invisible como o esencial Mírame, mírame Mírate, mírate ben Que ves? Es ti fermosa Son eu fermosa Sorrite por favor Sorrime outra vez Sorríome por ti Sorríoche por min Sorrimos xuntas coas meniñas grandes dos ollos brillantes coas nosas perfectas imperfeccións que o tempo deixa pegada máis aló da pel Mirámonos Amámonos Proxectamos con intensidade os nosos lóstregos de purpurina dourada e prateada Mírate, mírate ben Míranos, míranos ben Que ves?
Imaxes feitas con craiyon.com

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario