A gatiña de tres cores ten sono e non ten sono
Non quere que Morfeo goberne os seus soños
A gatiña de tres cores quere durmir e non quere durmirQuere soñar esperta
que descobre novos mundos coas botas postas
Saltar nas charchas de Xúpiter
E mollar o seu chuvasqueiro vermello
A gatiña de tres cores ten os ollos limpos de chorar as penas
E brillantes de rir as alegríasQuere soñar que é a protagonista dunha serie de debuxos animados e comer
larpeiradas a lambetadasA gatiña de tres cores xa non cre nos Reis Magos
Nin nos príncipes azuis
A gatiña de tres cores cre nas conexións cósmicas
As que se manteñen a milleiros de anos luz
Nos piares onde nacen as estrelas e os soñosA gatiña de tres cores quere facer xirar o seu rabo nunha espiral infinita
Pecha os ollos e inventa
Un conto novo