Os soños da gatiña de tres cores

A gatiña de tres cores ten sono e non ten sono

Non quere que Morfeo goberne os seus soños
A gatiña de tres cores quere durmir e non quere durmir

Quere soñar esperta
que descobre novos mundos coas botas postas
Saltar nas charchas de Xúpiter
E mollar o seu chuvasqueiro vermello

A gatiña de tres cores ten os ollos limpos de chorar as penas
E brillantes de rir as alegrías

Quere soñar que é a protagonista dunha serie de debuxos animados e comer
larpeiradas a lambetadas

A gatiña de tres cores xa non cre nos Reis Magos
Nin nos príncipes azuis

A gatiña de tres cores cre nas conexións cósmicas
As que se manteñen a milleiros de anos luz
Nos piares onde nacen as estrelas e os soños

A gatiña de tres cores quere facer xirar o seu rabo nunha espiral infinita

Pecha os ollos e inventa
Un conto novo

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario